Wednesday 24 de April de 2024

Diego Calvo asiste ao Torneo Hitachi Air Cup que reúne aos mellores equipos de fútbol de España da categoría benxamín


O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá a algunhas das competicións do V Torneo Internacional Benjamin Hitachi Air Cup que reúne hoxe no Campo do Monte de Mabegondo a 16 equipos de fútbol da categoría benxamín de toda España.

O concello de Abegondo convertese así en foco do fútbol base cos mellores equipos a nivel nacional nunha nova edición deste torneo tras dous anos de parón. Nesta liña, a Xunta apoia o deporte base e aposta pola actividade física e hábitos saudables desde as idades máis temperás.